"Unha Noite na Corte do Rei Afonso"



        Xurde Malandança dos confíns da Terra, onde remata o Camiño de Santiago. E xurde coma un eco do que tanto nos chegou, da música, a palabra, a carne e a pedra.

        Os compoñentes de Malandança entendemos a música medieval como un territorio no que a interpretación e a investigación son asuntos interdependentes. Nada valen a unha sen a outra.

        Nas últimas décadas o interese pola música antiga permitiunos a recuperación de estilos músicais que se crían perdidos. Grazas á aportación de múltiples intérpretes, musicólogos e historiadores ao longo destes anos, logrouse salvar en parte a ruptura na tradición interpretativa de outros estilos, como a música barroca.

        Neste proceso de recuperación dun estilo (en realidade de moitos estilos) interveñen diferentes factores: as partituras orixinais, con toda a información directa do compositor, en primeiro lugar; información escrita, tratados, comentarios, cartas con referencias a veladas musicais e todo aquilo que nos diga algo das maneiras de facermos música, e do contexto no que se facía. E, naturalmente, os instrumentos, que coas suas vertudes e os seus defectos, son  grandes mestres do intérprete.

        No caso da música medieval a ruptura da tradición é grande. Oitocentos anos sepárannos da “orquestra” do Pórtico da Gloria; neste tempo sucederon tantas cousas, tantos acontecementos artísticos e guerreiros, tanta luz e tanto lume, que aos humanos do século XXI nos custa caro imaxinar o que escoitou Afonso X nunha sala do seu pazo, un día de festa, ou na sua tenda, tras unha batalla, ou ben o consolo que lle producía a música dos xograres mentres xacía doente na sua cama, apertado ao libro dos Miragres de Santa María.

        A partires das investigacións realizadas polo que abaixo asina, só e en compaña  doutros, sobre os instrumentos medievais representados no Pórtico da Gloria da catedral Compostelá, e no Pazo de Xelmírez, se nos abriu un mundo, non xa de instrumentos sonoros, senón de ideas, imaxes e voces da que criamos tan lonxana Idade Media. Ante aquel esplendor místico e arquitectónico non cabía senon recobrar o outro esplendor, o invisíble: a música.

        Contando xa co son dos instrumentos, quedábanos averiguar o xeito de abordarmos a súa interpretación, os seus recursos, e aprender a explorar a sua capacidade de virtuosismo.  Dentro do mundo da música trovadoresca, as Cantigas de Santa María de Afonso X resultaron ser as obras axeitadas por estar escritas en galego-portugués e ser froito dunha determinada cultura: a Idade Media no noroeste da península ibérica. Aló ían parar, grazas ao longo camiño xacobeo, as tradicións trovadorescas de todo o mundo cristián, e incluso o eco do cercano Islam.

        Tamén queremos que as voces en MALANDANÇA estean acordes co son dos seus instrumentos, para o que recurrimos  ás tradicións vocais dos pobos do noroeste peninsular.

        Así, xuntamos a música dos trovadores, que imaxinando o Paraíso inventaron o amor, e a palabra, que crea o mundo, e a imaxen, que todo nos aprende. E igual que o rei Afonso X, que querendo coñecer xuntou e non rexeitou ren do que no seu mundo había, creamos esta "Noite na Corte do Rei Afonso".




                    Francisco Luengo

Recordare-Nembresete (C. 421)

Rosa das rosas (C. 10)

En todo tempo faz ben (C. 111)

Santa María amar devemos (C. 7)

A Virgen muy groriosa (C. 42)

Ontre todaslas vertudes (C. 323)

Prólogo

A Virgen Santa María (C. 8)

Rosa das rosas (C. 10)


E moitas cousas máis…

María Giménez:

Charo Pita:

Xurxo Varela:

Francisco Luengo:

Felipe Sánchez:

Valentín Novio:

Manuel Vilas:

Dirección: Francisco Luengo

canto e percusión

canto e conto

canto e vyola

vyola

guitarra mourisca

citola

arpa

Foto: Ángeles Burrel

"Unha noite na corte do Rei Afonso"

Cantigas de Santa Maria do Rei Alfonso X

Ontre todalas vertudes

Fragmento

Contáctanosmailto:info@actus.org.es?subject=asunto%20del%20mensajeActus.htmlshapeimage_3_link_0
EventosEventos.htmlEventos.htmlshapeimage_4_link_0
PublicaciónsPublicacions.htmlPublicacions.htmlshapeimage_5_link_0
InicioActus.htmlActus.htmlshapeimage_6_link_0
Instrumentos medievaisInstrumentos.htmlInstrumentos.htmlshapeimage_7_link_0