Miro Moreira

            Nado en Santiago de Compostela, comezou os seus estudios musicais coma escolano na Capilla Musical de la Catedral de Santiago de Compostela e no Orfeón Terra a Nosa. Licenciado en Canto polo Conservatorio del Liceo de Barcelona, especializouse coma cantante e director nos períodos renacentista e barroco.


            Coma contratenor solista participa en numerosos concertos pola xeografía española e europea, formando parte de grupos adicados á música antiga.


            É invitado con frecuencia coma solista por múltiples formacións orquestáis: Orquesta Nacional de España, Real Filarmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Sevilla, Orquesta Sinfónica de Galicia e Orquesta Nacional de Portugal, entre outras.


        Dirixe o “Orfeón Caixa Galicia Terra a Nosa” desde 1984 e desde 1988 a “Capilla Musical de la Catedral de Santiago de Compostela”, coa que recuperou varias obras de mestres de capela da basílica compostelá: Codex Calixtinus, Cantorais de Polifonía, “Stabat Mater” de Buono Chiodi (†1783), “Esos Mozos del Campo”,  Oficio e “Villancicos” de Nadal de Melchor López (1759-1822), “Villancicos” ao Apóstolo Santiago de José de Vaquedano (1642-1711), “Motetes de Advento e Coresma” de Diego de las Muelas (1698-1743), “Himnos do Códice Calixtino” de Santiago Tafall (1858-1930), e outras.


        Actualmente é profesor asociado de Canto Coral e Formación Vocal e Auditiva na Facultade de Ciencias da Educación na Univesidade de Santiago de Compostela, e director do “Coro Universitario de Santiago de Compostela”.

Contáctanosmailto:info@actus.org.es?subject=asunto%20del%20mensajeActus.htmlshapeimage_1_link_0
EventosEventos.htmlEventos.htmlshapeimage_2_link_0
PublicaciónsPublicacions.htmlPublicacions.htmlshapeimage_3_link_0
InicioActus.htmlActus.htmlshapeimage_4_link_0
Instrumentos medievaisInstrumentos.htmlInstrumentos.htmlshapeimage_5_link_0